23/12/17
22/12/17
21/12/17
E OUTRA DE ATRAPASOÑOS...
Este xoves tivemos a última xuntanza dos Atrapasoños pequenos. O conto escollido foi O rei de Litonia, de Antonio Yáñez Casal, pertencente ao libro Contos sen fronteiras, de varios autores.
Ao final tomamos uns "chupas" e sorteamos o libro entre as asistentes: tocoulle a Erea!
20/12/17
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA
Esta foi a última reunión no 2017 do noso Club de Lectura Atrapasoños. Seguimos reflexionando con María Reimóndez.
Grazas pola vosa participación e interese, rapazada!
Sodes do milloriño!
19/12/17
VOLUNTARIADO NA ESPERELA
Neste mes de decembro dez alumnas e un alumno de 4º de ESO comezaron cun labor de voluntariado na Esperela que durará todo o curso.
En todos os recreos, dous ou tres alumnos/as estarán na Biblioteca facendo préstamo de libros, clasificación, restauración, renovación de tejuelos, dinamización do espazo... Cando acaden un mínimo de quince horas (ata un máximo de trinta), ese tempo será recoñecido pola Consellería cun certificado.
Estamos todos/as moi contentos/as!!
18/12/17
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)