14/10/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Seguindo a idea do Lecturo Literaturo (CPI Progreso de Catoira), iniciamos o noso particular Fotolibro con recomendacións semanais de lectura.
Todos os venres, algún membro da comunidade escolar fará unha recomendación literaria.
                               Presume de ler e déixate ver!

María Vázquez Martínez, 4º ESO 

Aya de Yopougon, Marguerite Abouet e Clément Oubrerie

Poderíase dicir que de todos os libros que lin nos últimos anos, cada un dos cómics de Aya de Yopougon son os meus preferidos. Estes cómics, ademáis de ter unhas fermosísimas ilustracións, fannos saír un pouco do concepto que temos da vida en África, e ver que hai algo máis que pobreza, guerras e fame. Amósannos que a vida é vida en calquera rincón do planeta, e que pese ás condicións, todos somos persoas e padecemos practicamente as mesmas historias e problemas. Resultan moi amenos, rápidos de ler e entretidos; eu linos varias veces e non me cansan. 
Son uns libros que recomendaría a todo o mundo, especialmente a quen lle gusten os cómics e as complicadas historias cotiás, nas que interveñen moitos personaxes e nas que todo está relacionado.

GARCILASO DE LA VEGA



Un día coma hoxe de 1536, morre Garcilaso de la Vega, poeta do Siglo de Oro español.

 

Lembrades este soneto?

SONETO XXIII

En tanto que de rosa y azucena
se muestra la color en vuestro gesto,
y que vuestro mirar ardiente, honesto,
enciende el corazón y lo refrena;

y en tanto que el cabello, que en la vena
del oro se escogió, con vuelo presto,
por el hermoso cuello blanco, enhiesto,
el viento mueve, esparce y desordena;
coged de vuestra alegre primavera
el dulce fruto, antes que el tiempo airado
cubra de nieve la hermosa cumbre.

Marchitará la rosa el viento helado,
todo lo mudará la edad ligera,
por no hacer mudanza en su costumbre.

12/10/11

JOAN MANUEL GISBERT NA ESPERELA

                                                             
                                                     
O alumnado de 2º da ESO está a ler neste 1º trimestre dous libros do autor catalán Joan Manuel Gisbert: Escenarios fantásticos e Cinco cuentos sobre Velázquez.

 Nas súas obras, Gisbert desenvolve singulares aventuras que parten da vida real, coa súa parte de soño e imaxinación, para penetrar nas zonas descoñecidas da realidade, sen descoidar nunca a dimensión artística da escritura nin a riqueza expresiva da linguaxe. Inclúe nos seus temas elementos de mitos, contos e lendas de todos os  tempos.

                                                                                  
A mediados do mes de novembro, Joan Manuel Gisbert terá un encontro cos seus lectores na Esperela.





"NINGUÉN", DE FRAN ALONSO



Ninguén, de Fran Alonso, o autor de Poetízate, é unha das novidades literarias do mes de outubro.Sara, unha muller que está farta dos ruídos da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado polas voces dos seus veciños, que lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase nunha cafetería cun home ao que coñeceu a través de Internet. S. Lonely toma a decisión, por primeira vez na súa vida, de emprender unha pequena viaxe de vacacións para romper a rutina. Un escritor, que recibe correos dunha lista na que nunca se deu de alta, descobre a carga subversiva dos hoax, esas falsas cadeas que se envían a través do correo electrónico. Simultaneamente, diversos mails cruzan o ciberespazo deste libro singular. Estas son algunhas das historias e personaxes do novo libro de Fran Alonso.

FIZ, O NENO MÁIS PORCO DO MUNDO


A revista «Fiz» convoca un premio de banda deseñada para escolares

Fiz, o neno máis porco do mundo, creado por Kiko da Silva, quere promocionar a novos talentos da banda deseñada. 
Onte presentouse no Concello de Pontevedra o "Primeiro Premio de Banda Deseñada Fiz", para escolares de 8 a 12 anos, desde terceiro de educación primaria ata segundo de ESO. Os participantes deberán facer unha páxina coas aventuras do célebre personaxe, por suposto en galego.
O prazo de presentación rematará o 20 de decembro e os rapaces poden participar a través dos centros de ensino, agrupados por centros e clase, e tamén de maneira individual.
O primeiro premio en cada unha das dúas categorías consistirá nun trofeo de Fiz, unha ilustración orixinal do personaxe asinada polo seu autor, Kiko da Silva, e a publicación do traballo na revista.
Tamén haberá un premio colectivo que consistirá nun obradoiro de banda deseñada impartido polo propio Da Silva, entre as aulas dos centros de 
ensino que presenten máis bandas deseñadas. O ilustrador ensinará aos rapaces trucos dos profesionais para facer banda deseñada.
Os traballos presentaranse no Concello de Pontevedra, Servizo de Normalización Lingüística, rúa do Arcebispo Malvar, 1, 360071. Pontevedra. 
No exterior do sobre constará: I Premio de banda deseñada Fiz.

"ARRUGAS", A PELÍCULA







Adaptación cinematográfica do premiado cómic "Arrugas" de Paco Roca, unha lúcida visión sobre a terceira idade.
A película chegará aos cines a comezos de 2012.

Visto en: A beira das palabras. Blog de ENDL e da Biblioteca do IES de Vilalonga.

11/10/11

LAURA GALLEGO



Hoxe é o aniversario da autora de literatura infantil e xuvenil Laura Gallego. A escritora, que cumpre 34 anos, é a creadora de libros moi coñecidos por vós e que podedes encontrar na nosa biblioteca:  Memorias de Idhún, Crónicas de la Torre ou Finis Mundi. 

Este venres sae á venda nas librarías a súa última novela: Donde los árboles cantan. 
Pronto estará tamén na Esperela!

ELS COMEDIANTS NA CORUÑA


Els Comediants volven hoxe aos escenarios cun novo espectáculo baseado nun tema universal, a morte, presentada a través do personaxe mitolóxico de PERSÉFONE. Unha auténtica festa de medios sobre o escenario nos que a música e as diferentes linguaxes dramáticas da danza configuran unha obra exquisita.

09/10/11

PARABÉNS, POETA!

Tomas Tranströmer Gösta, nado o 15 de abril de 1931 en Estocolmo, é un escritor, poeta e tradutor sueco, cuxa poesía foi traducida a máis de 60 idiomas. É o gañador do Premio Nobel de Literatura 2011, "xa que, a través das súas condensadas, transparentes imaxes, dános un acceso fresco á realidade". Tranströmer é aclamado como un dos escritores escandinavos, máis importantes dende a Segunda Guerra Mundial. Os críticos eloxiaron os poemas de Tranströmer pola súa accesibilidade, mesmo na tradución; as súas descricións dos longos invernos suecos, o ritmo das estacións e a palpable beleza da natureza. A súa obra poética foi traducida a máis de sesenta idiomas.

 
LOS RECUERDOS ME MIRAN


Una mañana de junio es muy temprano


Para despertar, mas tarde para dormir de nuevo.

Debo ir a la hierba que está llena


De recuerdos, que me siguen con la mirada.


No se ven, se mezclan plenamente


Con el fondo, camaleones perfectos.


Tan cerca, que los escucho respirar


A pesar que el trino de las aves es estridente.