06/05/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Ana Vera
Ciudades de papel, John Green

Os misterios non están só na ciencia, tamén se encontran no amor. Coa historia de Margo e Radar os descubrirás.

05/05/16

CINEMA EN CURSO

Dentro do programa "Cinema en curso", hoxe o alumndo de cuarto tivo un emotivo encontro con Saleta Goi, a viúva de Manuel María. Menudo privilexio!


04/05/16

FOTOLIBRO 2016

Xa andan polo instituto as primeiras imaxes do Fotolibro 2016. Facemos as fotos na biblioteca, no tempo dos recreos. Veña, espero por vós!


01/05/16

DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES


O Día Internacional do Traballo é a festa do movemento obreiro mundial. É unha xornada de loita reivindicativa e homenaxe aos Mártires de Chicago, sindicalistas que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución  da xornada laboral de oito horas.

DÍA DAS NAIS


Miña nai, miña naiciña,
como miña nai ningunha
que me quentaba a cariña
coa caloriña da súa.