13/04/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver! 

Brais Lestón, 1º Bacharelato
Tokio blues, Haruki Murakami

O libro que recomendo é Tokio blues, do autor xaponés Haruki Murakami, porque me parece unha novela moi fermosa, que relata moi ben como unha canción nos pode facer recordar cousas do noso pasado que nos marcaron para sempre e influiron nas nosas vidas. Tamén nos fala do amor que poden sentir algunhas persoas respecto de outras pero que nunca terán a oportunidade de expresalo debido ao medo que se sinte.
O protagonista, Toru Watanabe, relaciónase con varias persoas ás que acaba querendo, pero que lle fan pensar a quen ama realmente e con outras que lle marcarán significativamente a súa personalidade.
En fin, sería moi bo que se lera este libro porque a mesma historia que ten o protagonista podémola facer un identificativo da nosa propia vida. 


5 comentarios:

  1. Moitas grazas, Brais, polo teu interese e por participar, xa por segunda vez, no noso fotolibro.
    A túa recomendación é especialmente interesante, seguro que atrae a moitos lectores :)

    ResponderEliminar
  2. Tamara Paredes9:15 p.m.

    Ten boa pinta ! A min case todas as cancións tráenme algún recordo :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, Tamara, as cancións son moi evocadoras... e este libro está moi ben, anímate no verán! ;)

      Eliminar
  3. Murakami ten un xeito de escribir tan peculiar que é moi difícil falar das súas obras, polo menos iso é o que me pasa a min. Paga a pena lelo , tes razón Brais.
    Por certo, para ti en especial Brais: Sabías que moitos dos seus libros (entre eles Tokio Blues)están traducidos ao galego?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, é un autor que ten moito éxito. Temos que mercalo para a biblioteca e faremos caso da túa recomendación, Belén ;)

      Eliminar