10/02/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Martín Gómez Chas, 2 ESO C
A casa da luz, Xabier P. Docampo

Alicia e os seus amigos, Anxo, Álvaro, Aida e Alba, coñeceron a Pumariño (un home maior que picaba nos balados e muros das casas en busca dun pucheiro con ouro) cando os axudou a facer unha cabana.
Un día, Pumariño picou na parede dunha casa e montouse unha gran revolta e os habitantes da vila ameazárono. Un tempo despois, Purmariño non apareceu e Alicia preocupouse e cos seus amigos foron á súa casa. Alí estaba Pumariño, que os deixou entrar e a casa estaba chea de cousas que encontrara polos balados e uns cadros dunhas mans xuntas, moi bonitas, que fixera coa axuda dun cadro de Durero.
Ao día seguinte, Pumariño levounos a unha casa chea de cadros nos que se podían meter, e Alicia, Pumariño, Álvaro e Anxo probaron a meterse e o tempo parábase.
Ao seguinte día, entraron nun cadro dunha torre na que había un labirinto, onde atoparon unha cidade na que os gardas deixábanos entrar se non falaban con ningún dos miles de traballadores e habitantes da cidade. Alí encontraron a Duarte, o dono da casa e os cadros, nunha taberna. Falan con el e Purmariño desaparece e encóntrano na parte superior da torre co pucheiro de ouro.
Os gardas collen a Álvaro, Duarte, Alba, Anxo e Aida, pero Alicia rescátaos e van na busca de Pumariño. Subindo encontran unhas escaleiras que non se sabía se subían ou baixaban, os gardas perseguen os nenos ata chegar arriba, onde estaba unha muller moi bela cun libro no que o vento move as follas. Pero entón os pillan e o xefe da torre captura a Alicia e ameázaa con matala se non lle dan o pucheiro, pero Pumariño estámpalle o pucheiro na cabeza e rómpese, co que empezan a caer moedas de ouro que collen os traballadores e habitantes. Para escapar pintan o cadro na fachada branca dunha casa e escapan.
O seguinte día apareceu o cadro da torre cunha muller no alto e unha cidade debaixo.
Este libro gustoume moito pola fantasía de meterse nos cadros e descubrir novas sensacións.

4 comentarios:

  1. Belén3:28 p.m.

    Que gusto me dá ver que o alumnado toma tanto traballo para resumir e recomendar un libro . Sobre este libro temos xa historial en Mosteirón: Veu o seu autor a dar unha charla e hai dous anos fíxose a preestrea da película co mesmo nome baseada na obra.
    O profe de galego estará encantado deste traballo.

    ResponderEliminar
  2. Belén3:29 p.m.

    Que gusto me dá ver que o alumnado toma tanto traballo para resumir e recomendar un libro . Sobre este libro temos xa historial en Mosteirón: Veu o seu autor a dar unha charla e hai dous anos fíxose a preestrea da película co mesmo nome baseada na obra.
    O profe de galego estará encantado deste traballo.

    ResponderEliminar
  3. Pois si, Belén, nótase que este rapaz quedou entusiasmado co libro.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas, Martín, pola túa participación no noso fotolibro!

    ResponderEliminar