04/11/11
03/11/11
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Ana Naya, 3º ESO A
"Unha maneira de amosar o que sinte o noso corazón
é lendo e escribindo poesía".
Esa foi a conclusión á que cheguei eu cando lin este libro.
A verdade é que non sabería explicar moi ben a maneira de ver as cousas de Pablo Neruda, o que si sei é que nos amosa os sentimentos producidos polo amor dunha maneira única e fermosa.
Eu aconsellaríalle este libro a calquera persoa que non saiba moi ben o que sinte por ese mozo ou moza que nos fai rir nun deses momentos tristes da nosa vida, xa que despois de ler este libro, esas dúbidas xa non quedarán indiferentes.
01/11/11
E MÁIS SAMAÍN...
A curtametraxe de Rodrigo Blaas é tan desacougante que resulta axeitada para esta noite de Samaín...
31/10/11
SAMAÍN NA ESPERELA
Na Esperela estamos a vivir un Samaín moi especial. Se estades dispostos a pasar medo, achegádevos por alí o mércores, xoves ou venres no primeiro recreo. Alumnado e profes lerán contos de terror para os intrépidos...
Quen se atreve?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)